18 de ago. de 2009

A gaivotiña azul e os símbolos galegos

Hoxe o goberno do PP na Xunta, esta compañía de demolición, presenta o novo logotipo para as que tampouco queren chamar Galescolas, porque ese nome fai referencia a un ámbito galego de convivencia e aprendizaxe.

Dixo hai pouco o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que non había que darlle un nome especial, que se chamarían "escolas infantís, como en todo o mundo". Mais agora resulta que si ten que telo: A Galiña Azul.

Antes da gaivotiña azul, como é sabido, o logo era unha casiña cun enorme sorriso e unha bandeira galega. Eliminar esa franxa azul ("identitaria", como dirían os dirixentes do PP con cara de enfado) é a razón, non disimulada, de mudar o logotipo, por máis que o animaliño este leve un lapis que poida parecer outra cousa.

Por que razón lles molesta tanto a simboloxía galega, ben "democrática" e "legal"? Onde queda a Lei de símbolos de Galiza? Onde queda o artigo 6 do Estatuto de Autonomía?

Nenhum comentário:

Postar um comentário