9 de ago. de 2009

O novo de Mika: 'We are golden'

De momento, esta é a única canción que ouvín do novo disco de Mika. Aínda que é bailábel e todo iso, as miñas expectativas eran que este xenial compositor e cantor avanzase un pouco no seu novo traballo. Porén, e ao menos polo que se desprende deste tema, o que fai é reforzar as mesmas liñas que tiveron máis suceso comercial no anterior. Agardo que ouvir o traballo no conxunte faga mudar a miña percepción.

A vós que vos parece?

7 comentários:

  1. Pois...que qué me parece? Pois MOI PRESCINDIBEL. Para esta vixe non facían falta algorxas ningunhas. Afortunadamente podemos ,cun só click mais abaixo,volver a crer nas posiblidades de conxunción dos DOREMIS e DORREFAS... coa boísima canción de LILY ALLEN - FUCK YOU que Callón nos presentou onte. ¡ qué voz! qué letra... (lémbranos un pouco a BEBE, non sí? Pero ésta é mellor. Nacida no 1985...¡menudo futuro tan prometedor no eido musical!! MPDM...

    ResponderExcluir
  2. Remato - tras esas viaxes e alforxas antes frustradas... -con dúas cancíóns que de seguro gustaranlle ao Callón e aos lectores do seu BLOG. E mais, atrévome a pensar que algunha delas merecerá un APARTADO E COMENTARIO independente do autor deste BLOG. ¡A teclear A FRASE ENTEIRA no YOUTUBE... e Michael Jackson aparecerá coa súa amiga Elisabeth Taylor... e cos seus SOBRIÑOS nunha canción que el lles cedeu. Todo un bño tio TIO MICHAEL.
    A gozar. Bicos mil.

    Michael Jackson - Elizabeth I Love you (Subtitulado al Español)

    3T & MICHAEL JACKSON - Why?(Subtitulada A Español)

    ResponderExcluir
  3. Pois eu gosto. Nom é dance pero entra bem no corpo :) Bo verão!

    ResponderExcluir
  4. A canción do Mika é pésima carliños. Non creo que goste nin rapariga con orellas de coelliño playboy...

    P.

    ResponderExcluir
  5. Ben, que diga que agardaba máis ou algunhas innovacións, non quere dicir que non me guste, eh?

    De feito, estou a desexar que a pinchen nalgures para bailala a tope.

    P.: Á rapariga con orellas de coelliño estou seguro de que lle presta CALQUERA COUSA que faga ou diga o Mika. xD

    ResponderExcluir
  6. Ten un aire a "heaven is a place on earth", coido que se chamaba a canción. Polo demáis, normalmente o mellor que se pode facer cun segundo disco cando o primeiro arrasou e sacalo canto antes e ir polo terceiro. As expectativas son moi altas e vante poñer a caldo sí ou sí.

    En calqueira caso, pareceme que lle deron moitas voltas á producción pra tentar non ser o que é: unha canción do montón (ollo que a min tamén me encantou o primeiro, eh)

    ResponderExcluir
  7. A VERSION SUBTITULADA AO PORTUGUES DA CANCION "WHY" DE MICHAEL JACKSON TEDELA AQUI SE QUEREDES:

    Why - 3T feat. Michael Jackson (legendado em português)

    http://www.youtube.com/watch?v=nTgtnbDRGmk


    ADEUS!!!!!!!!!!!

    ResponderExcluir