- "O maquinista como novo Mangouras", artigo de Xosé Manuel Pereiro.
- "Todos podíamos haber ido en ese tren", artigo de Manuel Fernández Blanco.
- "La canguro del maquinista", artigo de Manuel Jabois.
- "Os medios no accidente de tren de Santiago de Compostela", valoración inicial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, desde a cal encamiñan ao "Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe".
- "Spain train crash: human error over decades, not just seconds", artigo de Miguel-Anxo Murado.
- "78 muertos, 12 preguntas sobre el accidente de tren en Santiago", información realizada por tres xornalistas de El País: Mónica Ceberio Belaza, David Reinero e Ramón Muñoz.
- "Desalmados", editorial do xornal electrónico Terra e Tempo.
- "Feijóo fala de “intereses económicos” de empresas en desacreditar a alta velocidade española", informa o xornal Sermos Galiza. Como ben dixo o seu director, Xosé Mexuto, "A que se dedica Feijóo: a defender os intereses de GZ ou a ser o comercial do AVE espanhol?"
Mostrando postagens com marcador medios. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador medios. Mostrar todas as postagens
27 de jul. de 2013
Oito ligazóns sobre a traxedia de Angrois
Penduro aquí algunhas ligazóns que me están a ser de especial utilidade para ir sabendo e comprendendo máis sobre o que está a acontecer por volta do horríbel accidente do 24 de xullo:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

25 de set. de 2011
Con voz de noso
Reproduzo este texto da páxina da iniciativa Sermos Galiza, que cómpre apoiarmos todas as persoas que sabemos que Galiza pode ser outra cousa, que o mundo pode ser outra cousa:
Sermos Galiza, iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa, continúa a explicar o proxecto. Após o suceso da presentación na Coruña, as próximas citas están xa marcadas:
VIGO – Quinta feira, 29 de setembro, ás 8 da tarde na Casa Galega da Cultura (Praza da princesa nº 2), organizada pola Asociación Cultural O Castro. SANTIAGO DE COMPOSTELA – Terza feira, 4 de outubro, ás 8 da tarde no auditorio de Nova Caixa Galicia (Praza de Cervantes), organizada pola Asociación Cultural O Galo.Queremos agradecer publicamente a inestimábel colaboración das asociacións culturais O Castro e O Galo para a difusión do proxecto.A convocatoria da presentación en Vigo, feita por O Castro vai acompañada do texto que reproducimos a seguir.
Afirma un proverbio suahili, que agora facemos galego, que quen sabe falar nunca é pobre. Hoxe somos, como pobo, un pouco máis pobres que onte. Nestes últimos tempos nós fomos quedando case sen fala, de vagar, case que por descoido, como quen queda de portas para fóra por deixar o chaveiro dentro da casa. A nosa voz esvause no vento como minguaba a imaxe daquel científico tolo que experimentaba con beberaxes na procura da invisibilidade.Non nos referimos con esta imaxe ao estado da saúde de cadaquén, senón á desaparición de medios de comunicación galegos. Foise a histórica cabeceira A Nosa Terra, recluída nas hemerotecas como Merlín en Brocellanda, xunto con Galicia Hoxe e finalmente a edición impresa do Xornal de Galicia. Xa se anunciou tamén o peche da súa edición dixital para finais de ano. Debemos lembrar que con anterioridade xa desapareceran Vieiros e A Peneira entre outros. Dun tempo para esta parte desapareceron case todos os medios de comunicación en galego.Alguén podería pensar que esta afonía social se debe a un mal aire, como se fose unha gripe de outono. Tamén podería pensar, no mesmo sentido naturista, que o seu carácter é pasaxeiro e que logo dun tempo prudencial as nosas voces volverán a se escoitar, se cadra con maior vigor. Falso. Non ten nada de natural que este andazo de afonías afecte só a medios en galego. Do mesmo xeito, tampouco é natural que unha gripe afecte unicamente ás persoas que levan o pelo curto, por poñer un exemplo de arbitrariedade.A verdade é que non podemos falar porque nos estrangulan, porque queren afogar a nosa voz debido a que as nosas palabras molestan. As rudas e as feas anoxan, as cultas e elegantes incomodan, as túzaras e as máis intelixentes estorban, as maliciosas e as ben intencionadas chinchan por igual, as críticas proen como a rabia. Mesmo as palabras máis simples e inocentes provocan incomodo. Causan unha aguda e impertinente irritación nos oídos de quen nos odia.Estamos nunha disxuntiva. Podemos non facer nada, ou laiarnos como moito e, xogando con aquela idea, se as persoas de ben non fan nada, daquela o mal triunfará. Deste xeito ficaremos sen voz, mudas e mudos todos, para sempre. A segunda posibilidade, en troca, consiste en loitar e ceibarse do xugo que nos afoga.No segundo caso, o camiño que debemos tomar é construírmos o noso espazo comunicativo propio, do mesmo xeito que, nas épocas de seca sen chuvias, se cava un pozo para poder ter de onde sacar auga. Chamamos pois a coller a pa e a luxar as mans co traballo. Unha xigantesca tarefa vólvese pequena se traballamos todos e todas. Somos conscientes das posibilidades que abre o proxecto que nos dispoñemos presentar. Saudamos, pois, a Iniciativa social por un medio de comunicación «Sermos Galiza».
13 de jun. de 2010
Redúcese a pluralidade
Estes días non puiden atender nin este blog nin as redes sociais co mínimo tempo que habitualmente lle dedico. Asuntos persoais e de traballo impedíronmo, mais agardo ir retormando agora o ritmo.
Neste mediodía, nun momento de relax antes de terminar o artigo que mañá publico en Galicia Hoxe, estiven a botarlle un ollo ao que botaban na televisión. Zapeando, pasei por Intereconomía e Popular TV, dúas emisoras cun historial excesivamente longo de manipulación informativa, negación da ética xornalística e falta dunha mínima pluralidade. Na televisión dos bispos a esa hora emitían un pseudodebate que cumpría con todos estes aspectos.
Alguén podería dicir: ben, isto é a liberdade de expresión. Mais para que houbese tal liberdade real deberiamos poder encontrar entón entre as dúas ducias de canles que nos chegan coa TDT algunha que representase as ideas e as visións do mundo doutros grupos sociais existentes que non achan espello televisivo onde se expresaren ou ollaren.
Todo isto dito sen termos aínda presente a cuestión crucial do idioma. É rechamante que, no espazo do pequeno ecrán, a lingua galega teña hoxe unha presenza cualitativa (en TVE, mesmo cuantitativa) moitísimo máis reducida que a que tiña hai vinte e cinco anos.
Esta situación non vos parece unha irregularidade democrática?
Sei que ten difícil solución, mais non penso que sexa algo que poidamos menosprezar ou desconsiderar alegremente.
Neste mediodía, nun momento de relax antes de terminar o artigo que mañá publico en Galicia Hoxe, estiven a botarlle un ollo ao que botaban na televisión. Zapeando, pasei por Intereconomía e Popular TV, dúas emisoras cun historial excesivamente longo de manipulación informativa, negación da ética xornalística e falta dunha mínima pluralidade. Na televisión dos bispos a esa hora emitían un pseudodebate que cumpría con todos estes aspectos.
Alguén podería dicir: ben, isto é a liberdade de expresión. Mais para que houbese tal liberdade real deberiamos poder encontrar entón entre as dúas ducias de canles que nos chegan coa TDT algunha que representase as ideas e as visións do mundo doutros grupos sociais existentes que non achan espello televisivo onde se expresaren ou ollaren.
Todo isto dito sen termos aínda presente a cuestión crucial do idioma. É rechamante que, no espazo do pequeno ecrán, a lingua galega teña hoxe unha presenza cualitativa (en TVE, mesmo cuantitativa) moitísimo máis reducida que a que tiña hai vinte e cinco anos.
Esta situación non vos parece unha irregularidade democrática?
Sei que ten difícil solución, mais non penso que sexa algo que poidamos menosprezar ou desconsiderar alegremente.
25 de fev. de 2010
Terra e Tempo dixital
Recoméndovos a visita frecuente ao novo xornal electrónico Terra e Tempo, que toma a cabeceira da histórica publicación da Unión do Povo Galego, que se continuará a editar en papel con artigos máis en profundidade.
O novo medio está promovido pola Fundación Bautista Álvarez e actualizarase diariamente con artigos que fomentarán o debate, a análise e o contraste de opinións, dentro dunha visión nacionalista, especialmente necesitada destas ferramentas para non se ver sempre sometida á negación ou á caricaturización.
O deseño e a nómina de colaboracións é excelente, así que non dubidedes en pólo entre os vosos marcadores!
5 de nov. de 2009
29 millóns non son nada?

Os deputados do BNG no Congreso dos Deputados negociaron e conseguiron que se vaian aprobar emendas nos orzamentos xerais do Estado para o beneficio xeral de Galiza por valor de máis de 29 millóns de euros. É unha cantidade superior, por exemplo, á lograda por CiU, IU-ICV e NaBai, que, igual que os nacionalistas galegos, tamén votarán en contra.
Ademais, as xestións do BNG tamén tiveron como froito significativas melloras en políticas económicas para o conxunto do Estado, entre as cales é de salientar a modificación da chamada Lei Beckham, para romper co inxustísimo privilexio fiscal de que gozaban os futbolistas de elite.
Estou certo de que non escribiría isto neste blog se non fose porque me parece tremendo o tratamento que tal noticia recibe na maioría dos medios de comunicación, tamén nos galegos. Non é só desprezo e minusvaloración do nacionalismo galego, senón do que Galiza representa e pode facer.
Assinar:
Postagens (Atom)