Mostrando postagens com marcador Colectivo Terra. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Colectivo Terra. Mostrar todas as postagens

29 de abr. de 2013

O sábado en Pontedeume o o domingo en Santiago


Pois este sábado a conversa sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez será en Pontedeume, organizada polo Colectivo Terra.

O domingo estarei ás 18 horas na Feira do Libro de Santiago de Compostela, asinando exemplares no posto da Libraría Pedreira. Vinde facerme unha visitiña, que vai ser a primeira vez que faga iso! :)

Continuamos!

3 de out. de 2011

De Pontedeume a Compostela

Foi moi animosa a presentación a pasada sexta feira en Pontedeume de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, onde puxemos en común diferentes problemáticas sobre o noso idioma e tentamos ver posíbeis solucións ás mesmas. A cousa non está ben, mais repartímonos uns aos outros toneladas de forza e esperanza para ila mudando.

A seguinte convocatoria para falarmos deste libro será esta cuarta feira (mércores) ás 20.30 h no restaurante O Dezaseis, de Santiago de Compostela.

As fotos que penduro abaixo son do Colectivo Terra. Tedes máis do acto nesta ligazón.

Continuamos!