16 de jan. de 2016

"El mayor cuidado en introducir la lengua castellana"

Hoxe fanse 300 anos dos coñecidos Decretos de Nueva Planta. Porén, no ámbito da lingua, foron máis importantes as instrucións secretas que enviou uns días máis tarde, o 29 de xaneiro de 1716, o Fiscal do Consejo de Castilla.

Nesas instrucións avísase de que hai que castelanizar Cataluña, igual que se castelanizaran antes outros territorios do imperio español (citan Navarra e Nápoles; poderían citar Galiza, que levaba tempo sometida). Iso si, a imposición da lingua de Castela deberían facela con toda a camuflaxe da que fosen capaces. Tratábase de desnaturalizaren o catalán evitando as protestas sociais:
"Pondrá el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin dará las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto sin que se note el cuidado".
Ese principio de conseguir "el efecto sin que se note el cuidado", posto por escrito (aínda que en secreto) no século XVIII, é o mesmo que se segue na proscrición do galego, o catalán ou o vasco no século XXI.

Tócanos renaturalizar o desnaturalizado, facer visíbeis as "providencias más templadas y disimuladas" (por exemplo, nos medios de comunicación), crermos en nós mesmas, en nós mesmos. Avante!

Um comentário:

  1. Carlos eu creo que o verdadeiro galego a o portugués, si antes Galicia chegaba ata Coimbra, logo Galicia foi castellanizada, pois visto esto o único que conserva o lenguaxe antergo son as terras de portugal

    ResponderExcluir