21 de mar de 2015

Un mapa das e dos poetas da Galiza de hoxe

Precioso xeito de festexar o Día da Poesía este traballón de Noelia Gómez: un mapa de poetas galegas e galegos de hoxe, ordenados polo seu lugar de nacemento.

Na frechiña que a min me toca, na miña querida Ribeira, saio recitando un poema que finalmente non desembocou no título que alí insinúo (a gravación é de 2010, de aí a diferenza), senón no libro Atravesar o fantasma.

Non vos fai pensar o xeito que teñen de se distribuír os puntos pola xeografía galega? Tristemente, se a orde for polo lugar onde moran e non polo da nacenza, todos os botonciños estarían aínda moito menos dispersos.

As gravacións, como podedes ver, son froito doutro traballón constante: o da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

3 comentários:

  1. Bo día,
    Paréceme moi interesante o mapa, pero non está moi actualizado polo menos en Ourense.Eiquí Temos poetas novas que xa teñen algo publicado, pero non aparece o seu nome.
    De tódolos xeitos é un mapa interesante.

    ResponderExcluir
  2. Em Chantada (Santa Cruz de Viana) está Rafael Lobelle co seu poemario "Andar ás apoútegas", Rubén Eiré tem relato e poesia e em Tabuada uma labrega vém de editar o seu primeiro poemário. Saúde!

    ResponderExcluir
  3. Grazas pola información, María e Antón. Supoño que toda a xente que non está é porque non hai aínda gravacións súas no arquivo da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega.

    Apertas!

    ResponderExcluir