14 de out de 2013

Con fluidez

Así de fachendoso me pediron que me puxese para unha foto para o Diario de Pontevedra antes da presentación na cidade ídem de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

O título desta nota que publicaron é máis interesante do que pode parecer. Entre a corrección e a fluidez, escolleron a segunda. Con razón. Porque da fluidez, do soltarse a falar en galego con comodidade e sen medos, irá chegando tamén a corrección; retroaliméntanse. En galego, igual que no resto das linguas.

E ti? Aínda non te pasaches para o galego? Por que agardar para mañá? Súmate!






Um comentário:

  1. Merquei o teu libro na Coruña. Agradezocho de veras, porque ao vivir en Madrid -van caseque dez anos-non teño oportunidade de falar con ninguen, (ate teño morriña da TVG, quen mo habia de dicir). Grazas por escribilo

    ResponderExcluir