12 de ago de 2015

Hai moitas razóns para berrar "non"

Hoxe conmemoramos o 40 aniversario do asasinato do militante nacionalista Moncho Reboiras, unha figura aínda escasamente coñecida e valorada na sociedade galega. A pesar de que o mataron cando tiña só 25 anos, foi unha persoa que deixou a semente prendida de moitas organizacións de defensa de Galiza (na cultura, na política, no sindicalismo...) que abrollaron con máis forza nos lustros seguintes.

O grupo Skarallaos versionou un dos escasos poemas que coñececemos de Moncho Reboiras, que deu a coñecer en 1973 so o pseudónimo Ken Save. Recoméndovos vivamente que o escoitedes e que o difundades:


Nenhum comentário:

Postar um comentário