4 de jun. de 2010

A presentación de En castellano no hay problema en Paiosaco

As próximas presentacións de En castellano no hay problema serán no Barco de Valdeorras o día 17, en Lalín o 18, en Soutomaior o 25 e na Coruña o 29. Irei dando máis detalles. Igual que terei que ir subindo a este blog fotografías das presentacións pasadas (en Santiago, Ribeira, Paiosaco, Cambados, Corcubión, Ourense, Barcelona e no Campus das Lagoas de Vigo). Por certo, se alguén ten imaxes dalgún deses actos, que mas pase, por favor, ou que as suba ao facebook e me etiquete.

Deixo aquí de momento uns vídeos co que foi a presentación da obra en Paiosaco, na Laracha, o pasado 14 de maio. Gravouno e subiuno ao youtube Xosé Cotelo.







6 comentários:

  1. Mandarei, pois. ;)

    ResponderExcluir
  2. Parabéns polo libro, mais acho que tes rebasado a delgada liña vermella do egocentrismo. Explícome: non se pode confundir organización (A MESA) coa persoa. Puntualmente ten un pase, pero non se poden utilizar sistematicamente os recursos mediáticos da organización (noticias na web, boletín electrónico, mesmo base de datos de afiliados) para facer publicidade do libro do seu presidente.
    É un libro moi interesante e certamente ten a ver coa defensa do galego, que defende A MESA. Pero está dando unha impresión moi desafortunada todo ese despregue que mencionei.
    Hai outros socios e socias que teñen escrito libros na mesma liña nos últimos tempos e non recibiron o mesmo trato.
    Imaxinádesvos que, por pór o caso, o Secretario Xeral da CIG ou de Adega, escriban un libro sobre dereitos laborais ou ecoloxismo, e se anuncie permanentemente a presentación do seu libro na web da CIG ou de Adega, e se envien mensaxes aos socios anunciando as presentacións?
    Todo na súa xusta medida está ben, pero honestamente, xa cansa.
    A humildade é a maior grandeza.

    ResponderExcluir
  3. Grazas polo comentario, anónimo/a que dedicas tanto tempo a achegar a túa visión sobre o meu suposto egocentrismo. Agradezo as críticas formuladas en ton construtivo, aínda que lamento con que facilidade se desconsidera o traballo dos demais e, abofé, hai cousas que non comprendo.

    O egocentrismo está en asinar un libro que escribín? Ou está en participar en actos de presentación por toda a xeografía galega? Ou talvez estea en que se publicite a miña axenda pública como presidente da Mesa todo o posíbel? Quero dicir: esa hipotética liña vermella non se superaría se en troca de participar en todos os actos que se organizan para presentar o libro, declinase facelo? A "xusta medida" sería que exercese menos como presidente da Mesa, fixese menos quilómetros, dese menos conferencias de imprensa, menos entrevistas aos medios, interviñese menos...? Pois vaia activista de a patacón sería!

    A humildade é unha grandeza, si. Tirar a pedra e agochar a man, non.

    Pola miña banda, seguirei a facelo o mellor que saiba e poida, que boa falta fai que nos movamos.

    ResponderExcluir
  4. Teño que opinar o mesmo que o comentario anterior. Penso que se debe seperar o Carlos Callón escritor do Carlos Callón presidente da MESA.

    Con todo o respeto do mundo, o mellor non te paraches a pensar se quen o lee o fai porque o escribíu Carlos Callón ou, por outra banda, faino porque o escribíu o Presidente da MESA.

    ResponderExcluir
  5. Carlos, a verdade é que tes unha paciencia infinita para aguantar algunhas tonterías...

    ResponderExcluir
  6. Non dramaticemos nin por unha banda nin pola outra e recordemos que o libro que se presenta fala da Mesa e da lingua, non é unha obra de teatro nin poesía da experiencia. É munición para o combate cívico e colectivo en que estamos.

    ResponderExcluir