20 de out de 2010

Abertos ao Galego e o premio a Fraga Iribarne

Hoxe ás 13.15 h participo, xunto con Luís Bará e Pepe B. Alborés, nunha mesa redonda no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Os tres falaremos, desde diferentes puntos de vista, sobre a implicación no uso do galego de empresas e asociacións e a posíbel promoción desde os concellos. Será no marco do IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da provincia da Coruña, que coorganizan a CTNL e a Deputación.

Mais hai algo máis que non podo deixar de dicir hoxe: paréceme lamentábel a entrega do premio Otero Pedrayo á figura de Manuel Fraga Iribarne. Penso que tanto a RAG como as universidades deberían dar explicacións deste galardón que fede a submisión política. Como se pode recoñecer pola defensa da nosa cultura a alguén que tanto fixo contra ela?

3 comentários:

  1. ...por certo que moita "xente" terá que dar explicacións!!!!!...esto non pode quedar así. Ánimo Carlos, xa sabes que estamos contigo.
    -aperta-

    ResponderExcluir
  2. ...esto xa está a ser, a gota que colma o vaso!!!!

    ResponderExcluir