6 de set de 2012

Contra a hibridación


A semana próxima participarei en Gales no X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Fareino cunha comunicación sobre a perda do noso idioma a través da continuada desnaturalización dos seus trazos distintivos e xenuínos. A publicidade institucional que aquí penduro é ilustrativa desta situación.

Na liña da restauración da nosa lingua vai tamén o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, que moi axiña se comezará a distribuír a través de Xerais. A terceira parte deste manual céntrase en dar consellos sinxelos para mellorarmos en cousas como a colocación dos pronomes átonos, o uso do infinitivo persoal, para que non perdamos a fonética tradicional, para que non deixemos polo camiño a entoación galega, etc.

De nós depende! Activémonos!


Um comentário:

  1. O dese anuncio é moito, tamén lembro o "lacón gallego"...e agora o anuncio da campaña contra o lume, no cal a voz do incendiario fala castelán ("disparen, fueeeeeeego...") e despois din '*condear'.
    E que dicirmos dos bustos parlantes da TVG (agás honrosas excepcións!)...falan coma Aznar o inglés nos seus mellores tempos.
    Noraboa polo teu traballo no blog e mais na Mesa.

    ResponderExcluir