19 de abr de 2013

De Redondela ás Pontes

Esta segunda feira continúa nas Pontes o ciclo de conversas por toda Galiza sobre o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez e, por tanto, sobre os retos que ten por diante o noso idioma.

A última destas presentacións foi en Redondela, nun serán moi agradábel que pasamos na súa Casa da Cultura. Sobre o acto emitiu esta noticia a radio municipal (ademais da información central podedes achar, á dereita, un par de cortes de audio).

Pois por volta destes temas continuaremos a dialogar esta segunda feira (luns) 22 de abril ás 20.30 h na Biblioteca Municipal das Pontes, coa compaña da incombustíbel Mónica da Silva.

Se quixeres e puideres, alí nos veremos!

Continuamos!




Nenhum comentário:

Postar um comentário