Nunca vin en persoa a Galeano, aínda que veu unhas cantas veces por Galiza e ten mostrado en público o seu apoio ás nosas causas. Nunca o vin en persoa, digo, mais a nova da súa morte si me puxo triste. Foi tanto o que teño desfrutado lendo as súas páxinas e tantísimo o que levo aprendido del e comprendido grazas a el desde a adolescencia!
Xa non imos ter os seus ollos para entender o mundo. Fícanos, por sorte, a ollada que nos herdou.
14 de abr. de 2015
13 de abr. de 2015
Música para a segunda feira: Parabéns para ti!
Lembro moi ben o día en que o compañeiro Xosé Cotelo, responsábel da Mesa en Bergantiños, chegou coa proposta de gravar unha canción para popularizar no noso idioma os parabéns polo día dos anos. O resultado é este éxito, froito da colaboración entre A Mesa, o Concello de Carballo e todas estas estrelas:
12 de abr. de 2015
Ligazóns ao desvío para un 12 de abril
- "Parece que o galego é a única lingua do mundo que non ten dereito a un estándar culto", entrevista a Xosé Manuel Sánchez Rei.
- O investigador Isidro Fernández Villalba descubriu unha obra de teatro inédita de Álvaro Cunqueiro.
- A CIG anuncia que a Consellaría de Educación readmitirá o profesorado CELGA, tras todas as sentenzas. Parabéns para a xente afectada pola súa perseveranza e a todas as entidades que souberon estar ao seu carón.
- O Vaticano bloquea o embaixador proposto por Francia por ser homosexual.
- "Ainda não sabemos quem nem por que mataram Jesus", Juan Arias.
- "Échele la culpa al cerebro", Lola Morón.
[A ilustración é o retrato que Dalí realizou da "morfoloxía do cranio" de Freud. Hoxe exponse no Museo Freud de Londres, mais o vienés nunca chegou a ver a obra.]
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
11 de abr. de 2015
"Ao ler ese libro, decidín que tiña que utilizar o galego para todo"
Onte estiven na libraría Biblos de Betanzos para participar nunha conversa por volta da miña última obra, Atravesar o fantasma. Nun poemario sobre a radical singularidade de cada persoa, como é esa, non pode resultar estraño que cada un dos actos de presentación sexa diferente do outro. Nesta ocasión o guía excepcional do evento foi o poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello. Falamos da sensorialidade dos versos e da cita ausente de Lacan; viñeron ás nosas bocas os nomes e as obras de Melanie Klein e Françoise Dolto; comentamos as dificultades para lle pór palabras á dor e ás perdas ou o papel das vidas na poesía e da poesía nas vidas... Foi unha enorme delicia compartir ese serán con toda a xente que alí se congregou!
Após finalizar o acto, un dos homes que me pediu que lle asinase un exemplar díxome que el se achegara até alí pola importancia que tivo na súa vida o anterior título que eu publicara, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. "Ao ler ese libro, decidín que tiña que utilizar o galego para todo", comentoume. A súa muller acrecentou, cun enorme sorriso: "Non sabes como sorprendeu a moita xente! Tamén no traballo se puxo a falar en galego!!!"
É verdade que non é a primeira ocasión que me din algo así por volta deste libro ou do seu siamés Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. O caso é que, cada vez que me comentan algún deses seus froitos, non podo máis que pórme feliz, moi feliz, e coller forzas para continuar adiante no activismo en defensa do noso.
[Na ilustración, listaxe dos libros máis vendidos na sección "Gramática" en Amazon no conxunto do Estado español este sábado. A demanda de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez é un bo sinal para o noso idioma, que moitos quererían ver como un moribundo.]
10 de abr. de 2015
7 de abr. de 2015
O 10 de abril vémonos en Betanzos
Esta sexta feira (venres) estarei na libraría Biblos de Betanzos, onde conversaremos por volta de Atravesar o fantasma. Será dentro do ciclo "Os poetas teñen a palabra", que coordina Miguel Anxo Fernán Vello.
Vémonos alí?
6 de abr. de 2015
2 de abr. de 2015
Atravesar o fantasma, de novo o libro de poesía máis vendido
Máis unha vez (e estou feliz, con certeza, da reiteración) hei de facer unha entrada neste blogue para dar as "gracísimas" pola acollida a Atravesar o fantasma: leva desde a súa saída hai cinco meses na listaxe dos libros de poesía en galego máis servidos e a súa demanda non só vai a menos, senón que crece. Obrigado de corazón polos brazos abertos con que recibistes e recibides esta miña creación.
Os datos, como é habitual, tómoos da relación mensual de obras máis vendidas en galego nos diferentes xéneros que publica o crítico Ramón Nicolás. Toda a información está nesta ligazón.
O próximo día en que conversaremos por volta de Atravesar o fantasma será o vindeiro 10 de abril na libraría Biblos de Betanzos, dentro do ciclo "Os poetas teñen a palabra".
Bicos!
Assinar:
Postagens (Atom)




