tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post9059543985744069927..comments2023-09-30T19:33:58.988+02:00Comments on O blogue do Carlos Callón: Fóra e dentroUnknownnoreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-55686451049979683692009-01-13T20:11:00.000+01:002009-01-13T20:11:00.000+01:00Menos espeso mentalmente que cando escribín o ante...Menos espeso mentalmente que cando escribín o anterior comentario, teño que indicar que antes entendín mal a relación a Rosalía / Castelao, que era (claro!) á denominación do posíbel Instituto. Concordo con que o do nome é un tema importante, aínda que non con certeza o prioritario nin o que debe centrar o debate.

Déase pois por non dito o terceiro parágrafo do anterior comentario.

Unha apertiña.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-79647314412309822522009-01-13T11:13:00.000+01:002009-01-13T11:13:00.000+01:00Moitas grazas polo comentario, Arturo. Fico, pois,...Moitas grazas polo comentario, Arturo. Fico, pois, á agarda de que deas novos pés no teu blog, porque a este baile aínda lle faltan unhas cantas pezas.

Eu penso que non só concordamos no fondo da correlación dentro / fóra, senón que a nosa diferenza de criterio é sobre todo en que momento do discurso falamos do "imprescindíbel dentro" e canto o acentuamos. Os datos son duros e non pode ser que existindo resortes institucionais para mudar a situación, estes non se activen debidamente.

Comentabas o relacionado con Rosalía/Castelao aínda que dis de non reavivar(mos) un debate nesa liña. Mais eu caio na isca e fico un tanto intrigado. Con toda honestidade e aínda que me chamen anacrónico (non o digo por ti, é obvio), eu penso que a forza da nosa tradición está aínda sen explotar e que debe ser un eixo para unha política cultural máis ambiciosa e transformadora.

Sobre os debates académicos galegos... Ese si que é un tema ben interesante e apaixonante para unha tese! Mais quen podería ser o xuri?

Unha apertiña.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75284526452855494072009-01-13T10:28:00.000+01:002009-01-13T10:28:00.000+01:00Magnífico que avance o debate e vaiamos axustando ...Magnífico que avance o debate e vaiamos axustando ideas, Carlos. Ocórrenseme algunhas derivacións ou apostilas a estas imprescindíbeis notas túas do artigo de GH. A ver se teño modo e retomo o asunto na baiuca. Porque escribir longo na caixa que habilita Blogger para os comentarios é tarefa inalcanzábel para os meus ollos.

Adianto un par de planos que me interesaría retomar a propósito das consideracións que se fan neste artigo e post. Unha é que, malia a confluencia no fondo do asunto, percibo na túa análise unha certa distancia en relación coa correlación dentro-fóra. Naturalmente, paréceme ben se é que existe. Só digo que apetece profundar niso para ver de clarificar o que se poida.

O segundo plano, que non é menor nunca, é o nominal, que reaparece nas túas análises de xeito moi tanxencial (Rosalía / Castelao) pero que eu penso que non interesa reavivar. Estou convencido de que ese asunto foi unha das áncoras que fixo que o barco non avanzase nesta lexislatura que leva meses esmorecendo.

En fin, como adoito intento facer, direi en Lándoa algo bastante próximo ao que penso. Ás veces un non di todo o que pensa. Por prudencia, por proximidade afectiva con determinados asuntos ou persoas, porque a escala á que un está feito non dá máis de si ou porque a un sinxelamente non lle peta.

Seguímola logo. E grazas tamén por empregar os nomes dos que interveñen no debate, por introducir as ligazóns que favorecen un seguemento amplo do discutido, todo iso... A min, a título persoal, tanto me ten a dimensión máis frívola deste asunto. Hai xa tempo que estou curado de sorpresas, de extravagancias e de miserias morais; pero é fundamental de cara a quen siga un debate público (re)coñecer balizas e referencias coa maior exactitude posíbel. E nese plano, os nomes dos que interveñen poden ser tan relevantes como as ideas postas sobre a mesa de discusión. No debate intelectual e académico galego dáse un curioso fenómeno (igual que en todas partes, quede claro), un fenómeno a todas luces patolóxico que os afectados deberían consultar onde corresponda: consiste en des-nominalizar a quen non conflúe exactamente coa posición propia ou a quen non baila o noso baile. Teño un anecdotario amplo sobre o asunto, no que a parte que me toca é mínima, malia ser. As anécdotas son moitas en canto un sae do radio que marca o seu apéndice nasal arredor da posición propia.

Defendo, en fin, que no debate público as ideas e as posicións se atribúan con claridade ao nome que hai detrás. Con independencia de que haxa acordo, desacordo, afección, desafección, amor ou noxo intelectual/ideolóxico. Reitéroo, só por respecto á audiencia (presente e futura, que en todo hai que pensar).

Desculpa, Carlos, que meta aquí esta epístola aos gálatas. Fágoo só porque ti demostras no que escribes que dese pé non coxeas.Lándoashttps://www.blogger.com/profile/05932298179154262719noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-71701300947988922692009-01-13T10:02:00.000+01:002009-01-13T10:02:00.000+01:00Hmmmmm... O que acontece é que o teu é un blog com...Hmmmmm... O que acontece é que o teu é un blog comercial, ademais cunhas propostas empresariais de lecer que non están en galego.

De calquera xeito, continuaremos noutro lugar esta liña de conversa, que non ten moito a ver con esta entrada no blog.

Grazas porén pola visita e polo saúdo.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-74844997208535866162009-01-13T09:46:00.000+01:002009-01-13T09:46:00.000+01:00Buenas Carlos.Me llamo Pablo, te tengo agregado en...Buenas Carlos.

Me llamo Pablo, te tengo agregado en facebook y ya le ehce un vistazo a tu blog. Cuanto llevas con el? Lo veo la mar de interesante. Ademas, veo que como el mio, esta dirigido al publico objetivo de Galicia.

Podriamos intercambiar un link?
Bueno, miralo y me cuentas.Animacion Galiciahttps://www.blogger.com/profile/17993263892830641197noreply@blogger.com