tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post6331836168657304068..comments2023-09-30T19:33:58.988+02:00Comments on O blogue do Carlos Callón: Para que serve narcotizarse?Unknownnoreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-46090224584727675472011-11-23T12:57:13.581+01:002011-11-23T12:57:13.581+01:00E esta é a ligazón ao artigo que publiquei nesa da...E esta é a ligazón ao artigo que publiquei nesa data, para que a información fique máis completiña: http://www.carloscallon.com/2009/12/lingua-maioritaria.htmlCarlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-69232940388973064892009-12-08T20:44:35.056+01:002009-12-08T20:44:35.056+01:00Hai un bo resumo das intervencións en:
http://cal...Hai un bo resumo das intervencións en:

http://calidonia.blogaliza.org/2009/12/07/cronica-seminario-lingua-sociedade-politica/Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-50370689496846448372009-12-06T20:07:09.523+01:002009-12-06T20:07:09.523+01:00Mañá en Galicia Hoxe falarei do tema.Mañá en Galicia Hoxe falarei do tema.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-30428068697764474262009-12-06T18:31:43.009+01:002009-12-06T18:31:43.009+01:00Henrique Monteagudo critícache no blog de Galaxia:...Henrique Monteagudo critícache no blog de Galaxia: http://www.editorialgalaxia.es/weblog/?p=4871

Tenta vender libros seus a costa da polémica. Di que o galego se está a recuperar desde mediados dos 80, o que soa a sensacionalismo barato e para min polo menos xa é motivo para non comprarlle o que escribe. Como diría García Negro, é dos "comedores do galego".

Estou co anterior comentario. Para o ano tampouco vos van convidar, moito menos a ti :)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-16779108485477020342009-12-04T14:35:28.057+01:002009-12-04T14:35:28.057+01:00Hehehehe,
dáme que o ano que vén tampouco vos co...Hehehehe,

dáme que o ano que vén tampouco vos convidan ás xornadas :)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-78379075183157192382009-12-04T11:49:51.643+01:002009-12-04T11:49:51.643+01:00En GzNación reprodúcese como artigo esta entrada d...En GzNación reprodúcese como artigo esta entrada do meu blog, na seguinte ligazón: http://www.gznacion.com/web/opinion_articulo.php?id_artic=978Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-43060563737354264832009-12-04T11:42:16.485+01:002009-12-04T11:42:16.485+01:00Comentarios no blog de Fermín Bouza, que copio tal...Comentarios no blog de Fermín Bouza, que copio tal cal desde a ligazón http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5334

17# Henrique Monteagudo comenta: 03 Dic 2009 a las 15:05

Só un apuntamento a Carlos Callón. Non entendo a súa actitude. Foi convidado a asistir ao Seminario do CCG e non acudiu. Descoñezo as razóns que tivo, pero iso non é o que agora importa. Alí podería oír os argumentos e os datos de Mauro Fernández e discutilos. É un sensentido facelo despois, a partir de notas de prensa. Nin Mauro nin o galego merecen esa desconsideración. Carlos, tiveches unha magnifica oportunidade para o debate, e non a aproveitaches. Non é de recibo que veñas agora con lerias.

24 # Carlos Callón comenta: 04 Dic 2009 a las 03:32

Só me vou referir agora ao comentario 17, de Henrique Monteagudo:

a) Calquera persoa pode ver o programa destas xornadas e ver cal foi o espazo reservado á Mesa, a Queremos Galego ou a sociolingüistas que contribúan cunha opinión diferente, expresada en diferentes ocasións publicamente e en investigacións. Tamén se pode confrontar a súa presenza en anteriores xornadas deste mesmo organismo público e estatutario. E, de aí, tirar consecuencias sobre a forma de funcionamento. Porque o convite a que te refires é a asistir como público para aplaudir outra exclusión, outra máis?

b) Aborrezo desde o profundo do meu ser a triangulización das críticas. Calquera que lea o meu texto verá que son críticas públicas contra un comunicado tamén público do Consello da Cultura Galega (no cal se prioriza esa visión fronte a outras posíbeis do día nese evento) e contra a exclusión dun sector importante cualitativa e cuantitativamente nesas Xornadas. Así que non se boten as frechas de forma demagóxica contra “Mauro e o galego” (!) e recólleas ti, Quique, como secretario do Consello e coordinador do evento.

Unha aperta.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-18605019710653200392009-12-04T11:39:45.226+01:002009-12-04T11:39:45.226+01:00Penso que é moi boa a postura activa de réplica a ...Penso que é moi boa a postura activa de réplica a estes narcotizantes, aínda que non estou de acordo coa última parte da crítica de Mar.

Sobre o último comentario, o que vai antes deste, asinado de forma anónima aínda que só pode ser que por alguén do Consello da Cultura Galega vinculado coa organización destas xornadas, reproduzo a seguir o comentario rubricado por Henrique Monteagudo no blog de Fermín Bouza e despois a miña resposta.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-37843467299103160392009-12-03T22:33:27.346+01:002009-12-03T22:33:27.346+01:00Caro Carlos, foi unha mágoa que non te achegases a...Caro Carlos, foi unha mágoa que non te achegases ao Consello da Cultura, a un Seminario ao que estabas explicita e persoalmente convidado a asistir, para podemos discutir o asunto en presenza. Así non vale.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-6438623735236565152009-12-03T20:50:04.732+01:002009-12-03T20:50:04.732+01:00Para min o Consello de Cultura Galega deixa moito ...Para min o Consello de Cultura Galega deixa moito que desexar...poucas veces estivo á altura da realidade galega e poucas veces o estará...paréceme xente apoltronada no seu asento que non toma medida ningunha. Deprimente!

Nunca me gustou ese Organismo! Son os primeiros en poñer trabas ao galego e seguirán facéndoo!Marnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-28998686964611175602009-12-03T19:56:17.991+01:002009-12-03T19:56:17.991+01:00Comparto o teu diagnóstico. Não vou reproduzir o c...Comparto o teu diagnóstico. Não vou reproduzir o comentário que venho de escrever no blogue de Fermín Bouza. Indo mais alá, penso que cumpre estar muito vigilantes ante eventuais manobras acomodadiças dos dispostos a aproveitarem o sucesso da luita polo galego em interesse próprio. Não é momento de remendos, mas de dizer bem claro que é o que queremos, e de agir em consequência.

Pedro BravoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-2128789487959188652009-12-03T11:26:22.719+01:002009-12-03T11:26:22.719+01:00Grazas por vos pasardes por aquí. Esta entrada sus...Grazas por vos pasardes por aquí. Esta entrada suscitou unha resposta no blog de Fermín Bouza, do cal son seguidor: http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5334

A ese respecto, publico aquí tamén o comentario que alí puxen:

Prezado Fermín, nas ligazóns no meu blog vinculo con algúns estudos con datos que sinalan a caída do galego como idioma espontáneo, en pesquisas de lingua declarada, como as realizadas polo Instituto Nacional de Estadística e o Instituto Galego de Estatística, así como pola Real Academia Galega e o Goberno galego a través do Mapa Sociolingüístico. O peor é que xa sabemos que os inquéritos de lingua declarada os hai que coller con pinzas; é un debate vello, no cal tivo hai uns meses especial protagonismo este blog.

Ademais, para falar de “lingua maioritaria” haberá que ter en conta tamén o seu uso nos diferentes ámbitos e sectores, verdade? A ese respecto, os estudos son tamén contundentes, e aí van só algúns dos datos: 3% das sentenzas en galego, 20% da docencia en galego na Universidade de Santiago, 16% na de Vigo, 8,9% na da Coruña (hai carreiras nas tres universidades nas que non se imparte absolutamente nada neste idioma), as horas en galego non chegan ao 50% en case ningún centro de ensino non universitario, estando nuns niveis moi graves nas cidades, centros concertados e etapas de infantil (no último estudo, o 65% dos centros de infantil, de 3-6 anos, nas sete cidades, recoñecían incumprir o decreto; deles, case o 40% impartían “unha hora ou menos en galego” ao día)… Para vermos a situación no comercio ou nos medios de comunicación, abonda con darmos un paseo, collermos o mando a distancia e botarmos un ollo aos xornais. Pode parecer tremendista, mais é así: o galego ten unha presenza relativa no audiovisual a día de hoxe moitísimo menor que hai 20 anos (a TVG e a RG daban os seus primeiros pasos nun espazo máis simplificado, existía R4, había maiores desconexións de TVE etc). Máis datos: o galego representa entre un 10 e un 15% do mercado editorial e, mesmo así, segundo os últimos estudos, a maioría das librarías do país non distribúen as novidades editoriais neste idioma.

O galego non chega nin ao 1% en: documentación e comunicacións da Axencia Tributaria, da Garda Civil, do Exército, da Policía Nacional, da oferta de xoguetes, das estreas de cinema ou DVDs, de videoxogos… A maioría dos servizos telefónicos de apoio ao cliente tamén impoñen o uso do español e exclúen mesmo a posibilidade de poder falalo, como ben vimos hai pouco en Fenosa.

Se queres máis datos, achégoos e cito todas as fontes que fixeren falta. Nin eu nin A Mesa imos calar ante quen quere edulcorar unha situación demasiado grave. E oxalá que non o fose!

Polo demais, festexando a túa maior presenza nos foros de debate de Galiza e a túa argumentación clara e ben documentada, non podo máis que lamentar que o Consello da Cultura Galega decidise prescindir para eses foros dunha outra parte do debate existente en Galiza, tanto de organizacións e plataformas que teñen un importante peso cualitativo e cuantitativo (ou A Mesa e Queremos Galego non existen?), así como de expertas e expertos que dan unha visión ben diferente á salientada nese comunicado de imprensa do CCG. Unha visión que dan sempre baseándose nos datos.

Agora ben, eu penso que é máis que unha polémica pasaxeira, porque entra de cheo en varios problemas importantes. Por unha banda, cal é a función e funcionamento do Consello da Cultura Galega; pola outra, que existe unha liña discursiva pola que algunhas persoas nos queren convencer de que “todo vai moi ben”. Que é algo que ti, está ben claro, non dis. E non o dis porque te baseas tamén en análises rigorosas.Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-85580352544293026152009-12-03T10:35:34.847+01:002009-12-03T10:35:34.847+01:00Maioritaria onde, cando e como? :SMaioritaria onde, cando e como? :SAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-8112960609550787782009-12-02T18:23:10.041+01:002009-12-02T18:23:10.041+01:00Caro, o Mauro Fernández, o "experto", po...Caro, o Mauro Fernández, o "experto", pode ser sociolinguísta de luva branca e, como tal, assim se conduz.
Ideologicamente colocava-o na esfera do PP, mas não há muito que me deram por seguro que se acha na esfera do PC (= Partido Comunista).
Tanto tem: Como militante, portanto, do nacionalismo espaÑol radical (o nacionalismo espaÑol é radical tome-se por onde se quiser; mas rdical no sentido de extremoso, não no de ir à raiz), como tal, dificilmente partirá de elementos práxicos (digamo-lo assim) que ponham em questão esse nacionalismo.
É como o da RAGa ou o do CCGa, quando apelam ao "consenso", o que outros desde o goveno dizem "amable" e antes "armónico": Como podemos imaginar que organismos do reino bourbónico sejam críticos com o estado que lhes dá "vida" e "salud" e mesmo a existência? Os seus membros (e membras), dizendo o que dizem assim ou assado, necessariamente estão a agradecer fazer parte de tais organismos. Mas é que, sem dúvida, todos eles, uns mais e outros menos acaso, consentem ideologicamente com a ideologia nacionalista espaÑola (como disse acima, sempre radical). Então que cabe esperar deles?
António GilAnonymousnoreply@blogger.com