tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post3457391651694221279..comments2023-09-30T19:33:58.988+02:00Comments on O blogue do Carlos Callón: Conde Roa ten obrigasUnknownnoreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-54668059709444158152011-07-11T16:31:58.942+02:002011-07-11T16:31:58.942+02:00Concordo punto por punto co sinalado por Fran Rei....Concordo punto por punto co sinalado por Fran Rei. Ao que el sinala aínda poderiamos pór máis exemplos.

Sobre o de asinar ou non, alá cada un. Quen non asina é porque non se fai responsábel do que di sen dicir.

Sobre o apoio a Galicia Hoxe, pouco máis teño para dicir. Se alguén pensa que non apostaba por ese diario, que consulte o arquivo deste blogue. Era o que faltaba!

Sobre o do terceiro anónimo tampouco digo nada máis que: Grazas por te pasares! ;)Carlos Callónhttps://www.blogger.com/profile/15748645574942301489noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-85830753928106889302011-07-05T14:45:57.033+02:002011-07-05T14:45:57.033+02:00Xa sen entrar nos super argumentos do comentario p...Xa sen entrar nos super argumentos do comentario precendente (acho que non paga moito a pena), simplemente quixera aclararlle ao primeiro anónimo (polo que comenta, "obrigado" a exercer como tal) o seguinte:
Como responsábel da Mesa na zona da Coruña que fun ao longo dos últimos anos (coincidindo, por tanto, coa etapa do goberno de coalición PSOE-BNG en María Pita) pódoche asegurar que A Mesa non mirou para outro lado nin deixou de facer o seu traballo: aí están como proba as constantes denuncias públicas (remitidas tamén a cada unha das concellarías correspondentes) cada vez que unha campaña ou iniciativa municipal excluíu o uso da lingua galega (por desgraza, demasiadas veces); a constante presión feita para a restauración do rueiro urbano e da microtoponimia propia dentro do municipio da Coruña; o uso do galego e a fin da toponimia deturpada na megafonía da estación de autobuses; as propostas para o uso do galego na Compañía de Tranvías, e un longo etcétera. Se non se fixo máis foi, sinxelamente, porque a nosa capacidade é a que é e a implicación no traballo debe ser maior e máis constante, pois desde un grupo pequeno de persoas poden facerse moitas cousas, mais non todas as cousas. O que non podo admitir é que se diga que "se mirou para outro lado", porque non é verdade e é unha valoración moi inxusta para as persoas que si estivemos a traballar.
Coñezo menos de perto o traballo desenvolvido polas compañeiras e compañeiros da Mesa en Vigo, mais cónstame ben o seu compromiso e, por iso, a súa consciencia de que nesta lexislatura pasada as cousas se puideron facer no tocante á nosa lingua mellor do que se fixeron. Si sei que no caso concreto do señor Caballero mandáronselle varias cartas e solicitáronselle varias entrevistas para "refrescarlle" as súas obrigas. Nunca respondeu. Se non nos quere recibir, haberalle que preguntar a el. Desde A Mesa fixemos e facemos o noso traballo -o mellor que podemos, o mellor que sabemos. Posibelmente con moitos erros. Para iso é imprescindíbel que quen ten propostas concretas para mellorar as eivas nolas faga chegar e, por que non, que colabore connosco no día a día do funcionamento da Mesa. Todas as mans son benvidas!Fran Reihttps://www.blogger.com/profile/09192005869358313540noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-6722230084267096062011-07-05T00:01:54.188+02:002011-07-05T00:01:54.188+02:00Que asco me das carlitosQue asco me das carlitosAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-44540756068971652722011-07-03T18:55:43.347+02:002011-07-03T18:55:43.347+02:00O BNG mercaba o Galicia Hoxe a diario; para ser má...O BNG mercaba o Galicia Hoxe a diario; para ser máis exactos, dous exemplares diarios.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-65662586109803862522011-07-03T11:39:53.450+02:002011-07-03T11:39:53.450+02:00Amigo Carlos, son amigo das cousas claras e o choc...Amigo Carlos, son amigo das cousas claras e o chocolate, espeso. Ou o que é o mesmo, camiñar sempre coa verdade por diante.
Paréceme moi ben e subscribo que o señor Conde Roa, como alcalde do Concello de Santiago, debería usar máis o galego, pero é unha mágoa que lle pida iso a este alcalde do PP e mirase para outro lado, cando como na lexislatura pasada o señor Losada e o señor Caballero, os dous do PSOE e gobernado con apoio do BNG, nin vostede nin o citado partido, lles refrescasen esa obriga.
Son estas cousas, mesmo como agora asinar seis mil galegos e galegas un manifesto pola desaparición de Galicia Hoxe, cando se pechou é porque non vendía nin 300 exemplares. Descoñezo se a Mesa estaba subscrita, pero o BNG dende logo non.
Perdoe que non asine, pero hai moito "buitre" solto.Anonymousnoreply@blogger.com