tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post3239467246256549660..comments2023-09-30T19:33:58.988+02:00Comments on O blogue do Carlos Callón: Reseña de Marga Romero no Faro da CulturaUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-70463972797283774762010-07-13T02:25:20.689+02:002010-07-13T02:25:20.689+02:00Por favór Carlos, bótelle unha ollada a esta convo...Por favór Carlos, bótelle unha ollada a esta convocatoria e considere difundi-la se lle parece apropiado:

"Aqueles que profesan a liberdade, e aínda así, desvalorizan a axitación, son homes que queren colleitar a terra sen arala. Eles queren choiva sen tronos e lóstregos. Eles queren o océano sen o impoñente ruxido das súas augas. Esta loita pode ser moral, ou pode ser un física, ou pode ser moral e física, pero debe ser unha loita. O poder non concede nada sen unha demanda. Nunca o fixo e nunca o fará"
Frederick Douglass, abolicionista americano, Carta a un asociado de 1849

Temos moitos puntos en común.
Compartimos desexo de ser. Compartimos necesidade de estar.
Compartimos a carencia de espazo para leva-lo a cabo, a carencia de espazo para pensar e expresar.
A carencia de auditorio, de teatro, de escena.
Compartimos a capacidade para acadar ese espazo.

A Cultura non é Arte.
O Arte non debe converterse nunha actividade que teña a produción, o consumo masivo e o lucro económico como finalidade principal.
O Arte non é industria.

Nalgún momento implantóusenos a idea de que os auditorios, os teatros, e as rúas non nos pertencen. De que non temos dereito a eles. De que non son da nosa responsabilidade.
Os teatros son nosos. Os teatros perténcennos ós espectadores, ás actrices, ós bailaríns, ás escritoras, ós frautistas, ás poetas, ós profesores, ás directoras, ás estudantes, ós traballadores...
Os teatros son da nosa propiedade.

Esta situación, onde os nosos instrumentos e plataformas de comunicación están sendo controlados e manipulados por homes e mulleres que carecen de ética e de estética, de intelixencia e creatividade, pode e debe cesar.
Debemos cesar na nosa vasalaxe, no noso ridículo empeño por acada-la súa simpatía, a súa comprensión, o seu respecto. ¿Para que?, ¿para gañar acceso a uns contextos que en realidade, nunca deixaron de ser nosos?. Non podemos ter medo das represalias, non pode haber peor situación para nós que o illamento aceptado.
¿Ou é que temos medo a escoitar a nosa propia voz?, ¿temos medo a tomar posicións?, ¿medo ó cambio?, ¿medo ó éxito?.

Debemos ignoralos.
O teatro e noso. Tomemos o teatro.
Debemos falarnos. Debemos escoitarnos.
Debemos escoitarnos.
Debemos xuntarnos coa música, cos corpos, coas palabras.
Debemos xuntarnos coa paciencia esgotada. Debemos ficar alí.
Tomemos o teatro.

Isto non é unha convocatoria de manifestación.
Isto é unha convocatoria de encontro masivo no noso teatro. Un punto de partida. Unha oportunidade.
Na capital. No espazo central. No Salón Teatro. O día 15 de Xullo, ás 11:00.

Difundir. Asistir. Confrontar. Destruír. Organizar. Transformar.o teatro é nosohttp://tomemosoteatro.wordpress.com/noreply@blogger.com