tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post2594993507445813372..comments2023-09-30T19:33:58.988+02:00Comments on O blogue do Carlos Callón: Hoxe aínda facemos máis faltaUnknownnoreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-71265229512083132612012-10-25T19:29:39.195+02:002012-10-25T19:29:39.195+02:00Moi bo analise, si, pero..Aqui, humildemente, esta...Moi bo analise, si, pero..Aqui, humildemente, esta uns dos erros de fondo que levanos ate o pozo onde estamos, explicome, falas de esquerda, de esquerda cando o que vai a menos, somos nos, os que temos no horizonte a galicia como nación soberana, que pares que é pouco, caseque nada.
Saude Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-1589984763654675182012-10-22T20:00:12.941+02:002012-10-22T20:00:12.941+02:00É cuestión de (máis) tempo. As cousas van ir ben!É cuestión de (máis) tempo. As cousas van ir ben!Albertonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-57856367643959400072012-10-22T19:08:40.723+02:002012-10-22T19:08:40.723+02:00Brillante Xesús. Suscribo todas e cada unha das tú...Brillante Xesús. Suscribo todas e cada unha das túas palabras. Sempre adiante.Iván del Río Padernenoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-72544041996615800812012-10-22T14:06:56.025+02:002012-10-22T14:06:56.025+02:00Dá gusto ver xente con ánimo positivo, contaxiáche...Dá gusto ver xente con ánimo positivo, contaxiáchesme un pouquiño, Carlos, cómpre seguir dándolle duro, aínda que roer o que nos queda vai ser duro abondo.Luziferahttp://demomeleve.blogspot.com.es/noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-67725373997197791892012-10-22T13:33:31.556+02:002012-10-22T13:33:31.556+02:00O de onte, as eleccións ao Parlamento de Galicia, ...O de onte, as eleccións ao Parlamento de Galicia, foi unha derrota sen paliativos para a esquerda deste país, ou quizais para o país completo...

Non me corresponde a min, nin o pretendo, facer unha análise pormenorizada dos motivos que levaron a esta derrota.

Pero quixera puntualizar unhas cantas cousiñas que nacen desa rabia que teño no corpo e porque se calo van acabar por dar unhas punzadas inaturábeis no meu estómago.

Velaí van:

1.- A dereita española foi quen de montar co paso dos anos un partido xigante capaz de acabar con todo aquilo que non lle interesa para os seus obxectivos económicos, porque a economía, que non a cultura (non lles interesa nin o máis mínimo) é a base de toda a súa visión do mundo.

2.- Ese partido omnipotente e tamén omnipresente traballa día a día, hora a hora, para ver de levar a cabo eses obxectivos, e estou a falar, por poñer só un exemplo, de militantes que nunca deixan de captar afiliados e facer campaña alá onde van, colexios, asociacións e comunidades veciñais, postos de traballo variados, bares, tabernas... onde sentan cátedra acotío. Velaí a súa verdadeira maquinaria electoral perfectamente engraxada.

3.- Dentro desa maquinaria electoral está, non podía ser doutro xeito, unha rede que semella imbatíbel de medios de comunicación que corean a cada momento as consignas ditadas dende os seus laboratorios de ideas, onde un gran grupo de asalariados escriben decote os guións para espallar a súa visión do mundo.

4.- A maquinaria semella (é) tan eficiente que para calquera votante de dereitas deste país (dende o estremo até iso que chaman "centro") non hai dúbida ningunha no intre de acudir ao seu colexio electoral e escoller unha opción que votar (iso se a tal maquinaria non o leva ao lugar coa papeleta xa pechada no sobre e o carné de identidade na man).

5.- E logo está a esquerda (dende iso que chaman "centro" até os estremos), que en realidade é (somos) maioría neste país.

6.- Esa esquerda non foi quen de construír en todos estes anos de democracia nin a máis mínima maquinaria electoral que puidese combater os excesos da dereita, que son (e serán) moitos, o qie leva á descorazonada poboación aq pensar que David nunca vai poder vencer a Goliat, o cal non é certo.

7.- O votante de esquerda adoita ter toda unha colección de papeletas que poder introducir na urna do colexio electoral. E aquí comeza o problema, porque non importa o número de votos. Segundo a lei electoral vixente o que interesa é obter unhas porcentaxes determinadas para acadar un número determinado de deputados.

8.- E aínda por riba todos os partidos son tan puristas e tan protectores do recuncho ideolóxico no que se moven que semella non haber puntos de encontro posíbeis. En troques de defender o galiñeiro os galos pelean entre eles! Así nunca chegaremos a ningures!

9.- Propoño unha reflexión colectiva que leve a reflexionar (valga a a redundancia) aos dirixentes da(s) esquerda(s) da necesidade verdadeira e urxente de procurar puntos de encontro que non nos fagan dubidar no intre de concorrermos aos colexios electorais, para que poidamos facer coma esa gran dereita fagocitadora de todo canto a rodea... unir forzas para unir votos, así de sinxelo.

10.- Non é momento de laios: cómpre unha sesión de autocrítica por parte dos dirixentes da esquerda e cómpre que nos poñamos todos a tarballar XA! Ou iso ou depedirmos de todo canto levamos tantos anos a soñar!Xesús Constelahttp://www.xesusconstela.comnoreply@blogger.com