30 de nov de 2016

23 de nov de 2016

Música para a cuarta feira: Son Lux

Coñecina polo primeiro capítulo da terceira temporada de How to Get Away with Murder. Non digades que non soa fabulosamente:


11 de nov de 2016

Like a drunk in a midnight choir

Teño dous recordos de escoitar por vez primeira Leonard Cohen. A primeira de verdade non gardei o seu nome, mais si o impacto. Foi un sábado de mañá nalgún momento bretemoso da infancia. Diría que tiña dez anos, mais podería ter algún máis ou algún menos:



Mais na verdade cando caín apaixonado por Cohen foi nunha segunda coincidencia. Unha noite de sábado (non sei por que sempre o sábado), no segundo ano da carreira, botaran na 2 de TVE o filme Exotica, de Atom Egoyan. Unha das escenas irrompía con estes hipnóticos compases:



Daquela, internet existía, mais non existía para nada coma hoxe. Encontrar o autor dunha música de que gustabas e que só escoitaras puntualmente resultaba difícil. Mais lémbrome perfectamente de comentar cos amigos o día despois canto eu gustara desa canción. Todos os que o víramos ficamos chocados nese mesmo momento. Por fortuna, aí estaba o enciclopédico Roi, que nos deu o nome de Leonard Cohen e tamén nos contou anécdotas da súa vida.

Nos seguintes meses, nunha desas pequenas obsesións da xuventude, dei conseguido emprestados discos del e, mentres os gravaba en casetes, lía libros coas súas letras, como non hai tanto tamén se lían os libros coas letras de Bob Dylan. Cando logrei o meu primeiro salario fixo, ademais de comprar canto CD había no mercado de Silvio Rodríguez, varios de Cohen entraron na bolsa.

Todas estas cousas me veñen agora á cabeza, igual que me lembro de que nunca, por unhas razóns ou por outras, dei ido a ningún dos seus concertos. Xa non poderá ser.

10 de nov de 2016

2 de nov de 2016

Música para a cuarta feira: Rocío Dúrcal e Juan Gabriel

Non é das cancións que de pequeno escoitaba de Rocío Dúrcal cantando a ou con Juan Gabriel, mais esta faime moita graza: