Na pasada segunda feira estiven por Tui, primeiro cunha rapazada do máis interesante no IES San Paio, e despois nunha asemblea de formiguiñas na Biblioteca Municipal. Falamos alí dos libros
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, mais tamén conversamos sobre a situación da Real Academia Galega, as forzas electorais e o idioma noso, os papeis dos medios de comunicación, os programas de tradución automática castelán-galego etc.
No serán da sexta feira (venres) 13 de xuño desenvolverase en Vilalba un acto semellante coa hospitalidade do Instituto de Estudos Chairegos. Vémonos aló?
Nenhum comentário:
Postar um comentário