Hoxe participo na presentación en Compostela do libro de narracións do Bautista Álvarez,
Retallos daquela infancia. Se puiderdes e vos apetecer,
vémonos ás 20.30 h.!
Xa na vindeira segunda feira (luns), toca facer paraxe na cidade de Vigo para partillar mesa coa Marta da Costa, o Ramón Anxo Martínez Seixo e o Xosé Manuel Moo. Conversaremos ás 20 h. na aula magna da Escola Oficial de Idiomas sobre
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Tedes
aquí o evento no Facebook, por se quixerdes máis datos ou quixerdes informar tamén outras persoas.
Continuamos, compas!
Nenhum comentário:
Postar um comentário