22 de ago. de 2013

Destas cancións polas que hai que ser fan do Caetano Veloso

O tema compúxoo Rosini Pinto e fíxoo máis coñecido o Roberto Carlos, mais hai que ver que tan ben, tan tan ben, soa na voz do Caetano Veloso:


10 de ago. de 2013

Eu quero que você venha comigo

Moitos recordos me trae esta actuación conxunta do Chico Buarque e o Caetano Veloso, coas cancións "Você não entende nada" e "Cotidiano". Eu descubrina non nos 80, senón a mediados da década seguinte, cando comecei a saber algo máis desa Lusofonía coa que aínda estamos de tristes costas viradas.