22 de mar de 2011

Falan os feitos e falan os desleixos

Imaxinade uns valados publicitarios do PSOE ou do PP que puxese en castelán "Y lo icisteis". Canto tardarían en mudalos todos e en pedir desculpas polo descoido? Por respecto e dignidade, agardemos que teñan o mesmo xesto cara ao galego.

9 comentários:

  1. Iso é o que lles importan a nosa linbgua e a nosa cultura. Iso é o que lles importamos nós.

    ResponderExcluir
  2. Grazas a Cibrán, do ben informado blogue Carta Xeométrica, souben deste artigo da pasada fin de semana no Faro falando do tema: http://www.farodevigo.es/opinion/2011/03/19/gramatica-alcaldes/528139.html

    Coñecín a foto grazas a un amigo do facebook, sorprendido polo despropósito.

    Ten razón Xosé Ramón Pena cando se pregunga: "é que non hai no entorno da Alcaldía viguesa alguén que aprobase o galego de 4º da ESO?"

    ResponderExcluir
  3. Se me prestas a foto póñoa no meu blog "Dúbidas sobre a lingua".
    A min estas cousas "cabréanme" tanto que xa non sei que dicir, para min que lles dá o mesmo, meten o texto no tradutor e poñen o que saia.
    Bicos

    ResponderExcluir
  4. Pois eu pódovos dicir que dunha vez que me atrevín a lle reclamar a Caballero por medio dunha mensaxe privada no Facebook que tivese mais tino na utilización da nosa lingua(nomeadamente cos topónimos)nun programa a que acude cada semana nunha televisión local obtiven coma resposta que como me atrevía a dicirlle tal cousa se el nacera na aldea e non lle ía dicir eu como se falaba en galego,e cuns modos nada amables por certo,isto ben a conto polo artigo de Xosé Ramón Pena.O deste alcalde e para nota.
    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  5. E fixéstelo! (co ben que soa en galego correcto)

    ResponderExcluir