
A Asociación Cultural O Galo promoveu a realización dun simposio de homenaxe a Xosé Chao Rego, un dos nosos grandes ensaístas. As actas dese encontro acaban de saír do prelo grazas ao apoio da
Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Se tiverdes interese no seu contido, podedes consultalo
aquí en pdf.
E se sodes xente nova que ledes este blog e aínda non coñecedes a obra do Pepe Chao, convídovos a que este verán lle botedes un ollo a obras como
Prisciliano, profeta contra o poder ou
A condición homosexual. Xa agradeceredes o convite!
Nenhum comentário:
Postar um comentário